sexta-feira, 16 de novembro de 2012

dous compañeiros a incomodaban...

Comentabamos o outro día na clase o suicidio de Amanda Todd a consecuencia do acoso escolar e ciberacoso que sufría. Amanda Todd era canadiana, mais a nova facíasenos cercana porque todas e todos coñecíamos situacións, mesmo no instituto, que podían terse saído de nai e chegado a ese punto.

Por desgraza, agora a nova cruzou o oceano e está a menos quilómetros: unha rapaza de Ciudad Real morreu esta semana despois de tentar suicidarse. Polo visto, dous compañeiros a incomodaban...

Ser vítima de acoso é moi fácil; abonda con que alguén decida que es diferente:



Losers from Everynone on Vimeo.

segunda-feira, 12 de novembro de 2012

Nova da Semana: 10 anos do Prestige

Todos os luns, algunha de nós trae à clase as novas da semana anterior que máis lle interesaron. Na aula comentámolas e falamos delas. 

Hoxe foi a quenda de Lara que, entre as novas da Arousa, escolleu esta da Voz de Galicia na que Vítor, o pai de Mariña, recorda como foi vivida a catástrofe do Prestige naquel 13 de Novembro de 2002.

O alumando de OPMC tiña cinco ou seis anos cando a Maré Negra, polo que as anécdotas e historias que contan os xornais sóanlle a contos de vellas: "disque houbo quen non durmiu de noite", "seique se xuntara moita xente no Chufre..:" 

Por iso decidimos que mañá iamos adicar a sesión de clase a visionar o Documental-Crónica-Reportaxe que Marcos Nine gravou naqueles días, precisamente para que o futuro lembrase a loita da viciñanza da Arousa. 

O 13 de Novembro de 2012, dez anos despois, veremos CARCAMÁNS.

Capa do documental Carcamáns, de Marcos Nine

quarta-feira, 24 de outubro de 2012

A nova da semana: acoso escolar

Esta semana, para aprendermos a diferencia entre unha nova e unha reportaxe, lemos e comentamos este texto do Elpais.com, sobre o caso de Amanda Todd. A reportaxe levounos a ver o vídeo que a propia Amanda publicou en youtube contando a súa historia.